22 de novembro de 2011

Aires da Miña Terra - III

Ouh, meiga cibdá da Coruña,
cibdá da torre herculina,
de xeneracións de recordo
máis fortes que as de hoxe en día,
cibda que por sobre os mares
érgue-la cabeza altiva,
cal onte nas túas murallas
o brazo de María Pita:
¿Qué tés nese teu recinto
qué tés prós que te visitan
que coñecerte non poden
sin que deixarte non sintan?

Podes ver a composición completa na web da fundación do autor, que xa colocamos outro día ou ben na páxina de "galicia espallada". Preme.

Ningún comentario:

Publicar un comentario