23 de novembro de 2011

Aforismos de Francisco: O noso panorama


¿Parámonos algunha vez a pensar para quen vai dirixido e a onde se dirixe todo o entramado social e económico en Europa?

En canto ó social: os antros de disfrutes e leceres, os restaurantes, a arquitectura das casas e das rúas das nosas cidades, os servizos de transporte, a televisión, a educación, a literatura; en definitiva, os modos de vida materializados nesa rede física que nos envolve, toda esa política de ser e de comportarse, está dirixida a uns habitantes que non lle prestan a atención e importancia que deberan, a pesar de seren eles mesmos os que se autodirixen.

Vivimos nun entramado social sinxelo no seu caotismo, pois só no orde se require traballo. Na súa despreocupación por valoralo pérdese a noción sequera de que exista este entramado social, e sen isto é menos imaxinable que podamos cambialo. É ademais unha estructura que non se sabe a onde se dirixe. Gústase a ela mesma e a súa meta sería perpetuarse no tempo indefinidamente, pois é un sistema eficiente en términos físicos. O seu consumo de enerxía é mínimo (o malo é que non a xenera). Isto é tomado coma unha virtude e alábase e disfrútase da sensacion de ir vento en popa, sen importar de onde sople o vento.

E nese barco vamos todos. E un refrán náutico di que onde hai patrón non manda mariñeiro, e demasiados queren ser patróns. Pero por sorte ese barco dispón de moitos botes salvadidas, dos cales pode dispoñer calqueira que se sinta patrón de sí mesmo. Navegando ó seu rumbo e a velocidade que mellor lle parece sentirase un libre por un tempo. Non moito, pois non se pode un afastar da nave nodriza xa que os botes deben voltarse para disporen deles en caso de naufraxio, e nun buque á deriva as posibilidades sempre son maiores. Cabe a opción de intentar roubar un bote e buscar algunha illa salvadora, pero conta a lenda que as persoas que o conseguiron morreron de soidade. Son tan poucos os que intentan . Conta tamen outra lenda que un grupo de desertores chegaron a formar unha pequena pero floreciente comunidade nunha coñecida península sureña, din que eran felices e adiviñaran mediante os seus mellores filósofos cara onde era mellor dirixirse, e qué vento era mellor tomar en cada época. Din tamen que intentaron poñerse en contacto coa nosa nave, ¡mais qué difícil lles foi! Nunca sabían por que latitude andábamos, e cando nos daba oteado algún vixía bordeando temerariamente algunha costa, os seus gritos non chegaban a bordo, e os que chegaban, contan algúns anciás, producíanse nun idioma que xa non entendíamos, e todo intento de contacto que se conseguiu con moita retranca do capitán resultou nun fracaso. Así, todo intento posterior de comunicación foi desatendido e deslexitimado.
Din que esa comunidade se extinguiu , morta de pena por non poder axudarnos.

En canto ó entramado ecónomico, o noso destino é ir pronto a pique. Máis a solución viría de enderezar primeiro o rumbo do noso barco socióloxico, pois este é o que guía o primeiro a través dun oportuno e forte cabo. Esa solución sería a ídonea, pero quizá sexa demasiado tarde para ese barco agotado, ou demasiado temprano para nos poder dar con ese novo rumbo, e a solución virá por cortar o cabo e navegar así por un tempo sen ese pesado lastre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.