9 de novembro de 2011

Disertación sobre os belgas


A pesar do escaso tempo que habito en Bélxica, e de non me teres relacionado en demasía cos seus habitantes, despois dalgunha pequena lección de historia e socioloxía e unha experiencia horrorosa para os meus sentidos pero moi esclarificadora para o meu coñecemento, creo poder dar xa as primeiras impresións sobre o carácter das súas xentes.

Non quixera xeneralizar, pois só me debería ser lícito opinar sobre os Antwerpienses. Pero creo que non erro moito si meto no saco a todos os flamencos e deixo os valóns aparte, pois a veces (xa postos tampouco vou xeneralizar dicindo sempre) dous idiomas diferentes crean dous caracteres e formas de pensar totalmente opostas.

Pois ben, ó grano:
Son xente con moito rencor, moito recelo, e moita inseguridade. Máis disimúlano dunha forma descarada que tes que soportar coa mesma afectada sonrisa coa que che falan.
E é que por algo son a sede da maioría das Institucións da Unión Europea, polo exquisitamente diplomáticos que son.
Adquiriron unha conciencia e perfección dialogadora ata un punto tal que a violencia física e verbal resta no último lugar das súas mentes, aparentemente.

Séculos de invasións e de gobernos estranxeiros poden ser a causa deste sentimento de inferioridade e esas poucas ganas de violentar, de tratar de solucionar todo sin necesidade de ir ó corpo a corpo. Fisicamente superiores a nós, carecen do carácter e forza suficiente para darlles ánimo, vitalidade e nobreza a eses grandes corpos, o que lles da un aspecto algo contradictorio.

Saben que o seu forte é a palabra, e ahí non teñen rival.
Unha virtude, que máis que connatural, ten máis visos de fores aprendida e estimulada cun obxectivo que puido nacer como un mecanismo de defensa e que se convertiu despois de tanta práctica nunha habilidade que os destacaba dos demais, sendo hoxe iso non un orgullo, pero si algo parecido, ao que deben a súa impoñente posición no marco Europeo.

Máis non se pode vivir só diso. O belga tamén adora traballar, e adora o capital.
O primeiro consecuencia do segundo.

O soño dun belga (con certa ambición) é ter unha casa de campo propia no pobo onde naceu, e mellor si a construe él que si a ten que comprar. E non pensedes que é un soño utópico co que se gaña aquí.

Tamen lles gusta ter coche propio, que utilizan principalmente para desplazarse entre a súa vivenda e o lugar de traballo, xeralmente noutra cidade diferente. Fano facilmente xa que Bélxica é practicamente do mesmo tamaño que Galicia e moito mais chá. Sen embargo a circulación de coches polas cidades está moi restrinxida e penalizada. Pero verdadeiramente non debe existir queixa como si a pode haber en España, pois o transporte publico é unha alternativa real e eficaz. Sen contar os inumerables e anchos carrís bici, ou a opción de ir camiñando a través dunha cidade pola que verdadeiramente da gusto camiñar.

Sen máis incisos, o que quero dicir é que o belga desexa posuir cousas propias, desexa saber que é dono de algo que ninguén lle poderá quitar, como lle quitaron ao largo da historia. A aficción que teñen aos xardíns e as plantas pode vir dun sentimento de posuir terra propia e de enraizar definitivamente a súa casa facéndoa inamovible.

Para iso traballan e se afanan coma os que máis.
Tomaron o traballo como unha expiación do pecado da súa inanimidade. Compensación negativa por sobrecompensación, diría un psicólogo, ocultarse a un mesmo unha debilidade para obsesionarse por outro tema do cal ansía superar a todos os demais.

Tan mal se deben sentir por dentro, que non só se colocan o cilicio do traballo, o cal non deixa de ser digno para uns e motivo de compasión para outros, senón que chegan a uns extremos de masoquismo que repugna, non só por eles mesmos senón polos causantes na historia dese trauma que os fixo decaer tan baixo.

Isto ven para achegar a experiencia da que falei, e que me fixo decidirme a escribir esta disertación.

"Un gran grupo de mozos e mozas pertencentes a un club de estudantes realizando o rito de iniciación aos futuros membros.

En qué consistía este rito descansa entre unha proba de acceso a un grupo de forzas armadas especiais e unha tortura en tempos de guerra.

Puidendo so ver a última hora do acto, que seica durou dúas máis, chegoume e sobroume para comprobar ata onde pudo chegar ese trauma.
Non entrarei en detalle sobre o que o grupo de membros lles obrigaban facer ós que todavía non o eran, pero imaxinade o peor e acertaredes.

Hei de dicir que non houbo violencia física, pero iso non quere dicir que non se poida ser violento sin chegar os puños, e niso parece que os belgas tamén poidan ser expertos, aínda que so o cheguen a amosar en actos grotescos coma este.

Obrigaban, sí. Vestidos con batas blancas e símbolos de graduación militar según os anos afiliados, adquirían o papel dun encarcelador ou dun torturador facendo dos prisoneiros, que estaban ahí por vontade (recordemos o do masoquismo), meras desfeitas humanas, pois como animais obedecían e tragaban todo o que lles botaban pola boca, como animais se revolcaban por riba do que xa non lles entraba máis, e como animais baixaban a mirada ós berros e reprensións dos que xa pasaran por iso un, dous, tres anos antes e que orgullosos deles mesmos e orgullosos dos seus futuros compañeiros postergaban a denigración desas almas en pena ata o máis profundo da liña (para os belgas hiperbólica) que separa a pertenza ó grupo da pertenza a un mesmo."



Doble xogo neste espectáculo de degradación humana:

Velaí o rencor e as ganas de vengar ós seus avos, invadidos e violados, adquirindo o papel dese aguerrido e despiadado soldado nazi ao que queren emular.

E velaí o acto de sumisión e desprezo a eles mesmos que cren deberon sufrir os seus antepasados cando non foron quen de defenderse, sentimento que lles foi trasmitido a traves do sangue, máis sobre todo da conciencia de que deles tampouco se podría esperar nun futuro digna resistencia.

Evidentemente a súa timidez e introversión, magnificada hacia o estranxeiro, proveñen dun sentimento de vergoña e inferioridade, así como de desconfianza mezclado con desprecio, que non debe confundirse con racismo aínda que eles mesmos seguramente o fagan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario