10 de novembro de 2011

Aforismos de Leonardo

34.- A alma parece residir na intelixencia, e esta no lugar onde concorren todos os sentidos, o cal se chama sentido común ou cerebro. A alma non está toda en todo o corpo, como moitos creron, senón toda ela no cerebro, porque se estivese espallada en todas partes, ou toda en cada parte, os instrumentos dos sentidos non necesitarían concorrer a un só lugar; así a todo bastaría que o ollo enchese o oficio da sensación sobre a súa propia superficie, sen ter que mandar pola vía dos nervios ópticos, até o cerebro, a representación das cousas vistas; pois a alma, polas razóns ditas, podería sentilas na superficie do ollo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario