16 de novembro de 2011

Aforismos de Francisco: Un desencanto


Así como unha xeitosa e fermosa rapaza che desencanta cando profundamente esperabas que fose non só alegre e orgullosa, senón o intelixente suficiente para irse contigo; así ocurre cando un lonxano viaxeiro observa a torre dunha igrexa ó lonxe. Apura o paso desexoso de ver a sua fachada e unha vez alí imaxina o precioso que será o seu interior, e non tarda en adentrarse e alí disfruta dun novo espectáculo visual e sensorial, sí, verdadeiramente magnífico. Parece que non necesitaba nada máis ese pobre e fatigado viaxeiro para render culto os seus pasos, que namorarse nada mais chegar o seu destiño.

Máis , ai, todo esta experiencia suprarelixiosa se derrumba cando comeza ese espectáculo grotesco que a un lle senta coma unha violación, non só a nós, senón tamén a esa dama de pedra maxestuosa e altiva, que mesmo parece que disfrute.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.