Xentilicios, alcumes aplicados a colectivos e mais refráns e coplas nos que se empregan estes termos compoñen o Portal de ditados tópicos galegos que presentaba o Instituto da Lingua Galega a finais da semana pasada. O proxecto achega unha grande selección de nomes polos que nos chamábamos, ou aínda nos chamamos, os galegos uns aos outros, e como coñecemos popularmente algúns lugares. Por exemplo, de certo moita xente non sabe onde fica a Terra do Paxaro ou quen son os xabrentos. Explora tamén no noso infográfico como quedaría un mapa de Galicia se os falsos topónimos foran os reais.
Mais
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.