14 de febreiro de 2024

Anticuarios de Sarria

Extracto recollido de ELPAÍS (Mércores, 25/5/2011)

Se na casa de O Tapas, costa arriba, alá enfronte do Concello, non decidisen ese ano que había que tirar aquel tabique, precisamente aquel, para abrir unha cheminea, Sarria non sería a que é, e centenares de señores con posibles en Holanda, Italia, Francia e Bélxica xamais puxesen iso que se dá en chamar toque de distinción nos seus elegantes domicilios. Antes de 1962, en Sarria non había anticuarios. 
...
Saían camións todas as semanas cargados de armarios e chineiros
Vendeuse unha porta por seis millóns e chegáronse a pedir 25 por unha mesa.
...
A Sarria foron chegando infinidade de pezas valiosas que tiveran acabado en cacharelas e camas de ferro destinadas a pechar leiras. Agora parece que na localidade vendéronse antigüidades toda a vida, pero a tradición só ten 50 anos.
Desde a década do setenta e até finais do noventa chegaron a instalarse entre os portais 12 e 50 da Porvir unha ducia de tendas do ramo que agora, despois de varias xubilacións sen substitución, son só cinco, aínda que se sumaron dous de venda a través de internet. Dicíase que Sarria, en proporción aos seus habitantes, era a cidade con máis anticuarios de España.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.