7 de febreiro de 2024

Historia da Coruña

...A historia da Coruña, dunha cidade que tivo sempre un papel importante na historia de Galicia e con ela na de España, está entrañablemente unida tamén á doutros pobos de Europa, que, nos seus movementos, emigracións cruzadas e peregrinacións ou en son de guerra chegaron ao seu porto, pois cada vez que España estivo en guerra con algunha outra potencia europea, A Coruña serviu, con éxito, de rompeondas de España sobre todo durante o seu Imperio. Por iso, non se pode reducir a historia da Coruña a unha simple crónica; á mera presentación duns feitos ou uns datos, os cales privados da vista do quefacer histórico, perden completamente a súa significación e importancia; mentres que, se os asociamos aos grandes movementos da historia, nacional a maior parte das veces, e internacional doutros pobos europeos sobre todo do Atlántico (Portugal. Inglaterra, Irlanda, Francia, os Países Baixos, Alemaña e os Países Escandinavos), presentaranse en todas as súas dimensións e relevancia...

Emilio González López

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.