Ao chegar tomou un taxi e o taxista díxolle que non lle cobraría se lle dedicaba un libro. Conan Doyle, sorprendido, preguntoulle ao taxista como sabía que era escritor, e o taxista respondeulle:
- Fácil, os seus zapatos están cubertos dun po que non é de aquí. Polo deseño dos zapatos, vexo que son ingleses. Logo, é po inglés. Ten unha mancha de tinta nos dedos, logo, é vostede escritor e escritor británico. Alucinado, Conan Doyle respondeulle:
- É vostede máis listo que Sherlock Holmes.
A isto o taxista contestoulle:
- Si señor, ademais nas súas maletas está escrito claramente Arthur Conan Doyle.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.