8 de febreiro de 2024

Aforismos de Leonardo

582.- (II). Variadas coloracións do mar. O mar undoso non ten unha cor única. Para quen o ve de terra firme é dunha cor escura, e tanto máis escuro canto máis veciño ao horizonte, observándose nel algunhas manchas claras ou lustrosas que se moven con lentitude como brancas ovellas no medio dunha tropa de gando. Para quen o ve desde alta mar, parece azul; e isto vén de que, desde a terra, as súas ondas reflicten a escuridade da terra, mentres que, observado de alta mar, vese o aire azul reflectido como nun espello sobre a superficie das súas ondas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.