581.- (I). Un efecto de nubes sobre o Lago Maior. Vin xa tales condensacións de nubes na atmosfera; e sobre Milán, preto do Lago Maior, vin unha nube en forma de grandísima montaña, chea de peñascos incendiados, porque o sol, que xa tocaba o horizonte, tinguíaa da súa cor avermellada. E esta nube atraía a si todas as pequenas nubes que a rodeaban; e a nube grande non se movía do seu lugar; así a todo, conservou no seu cume a luz do sol até unha hora e media despois de anoitecer, tan inmensa era! E cara ás dúas horas da noite levantáronse grandes ventos dunha forza estupenda e inaudita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.