22 de febreiro de 2024

Aforismos de Leonardo

584.- (IV). Unha ascensión ao Monte-Rosa. Afirmo que o azul que o aire mostra non é a súa cor propia, senón que é causado pola humidade quente, evaporada en diminutos átomos insensibles, a cal absorbe os raios solares que a feren e faise luminosa baixo a escuridade das inmensas tebras da rexión do lume que a recubren. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.