28 de xuño de 2018

Aforismos de Leonardo

318.- Pois non vemos aos máis grandes reis do Oriente andar velados e cubertos, pensando diminuír a súa fama se mostrasen ao público a súa presenza? E non ven as pinturas representativas da suprema divindade, envolvidas constantemente en riquísimas teas que as manteñen cubertas? Ao acto de descubrilas preceden grandes solemnidades eclesiásticas, acompañadas de variados cantos e diversas pezas musicais. Asiste a el gran multitude de xentes que se prosternan e adoran ao ser fulgurado na pintura, e solicítanlle a graza de recuperar a perdida saúde e obter a salvación eterna, exactamente coma se tal divindade estivese alí presente e vise. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario