21 de xuño de 2018

Aforismos de Leonardo

317.- As ciencias imitables son tales que nelas o discípulo iguala ao mestre, e as súas producións son semellantes ás deste. Son útiles ao imitador, pero non posúen a mesma excelencia que é propia das 
que non poden pasar en herdanza como os outros bens, e entre as cales priva a pintura. Ela non se ensina a quen a natureza non o concede; ocorre o contrario coas matemáticas, nas que o discípulo 
asimila todo o que o mestre lle explica. A pintura non se copia como as producións literarias, cuxas reproducións valen tanto como o orixinal; nin se xera por fiel imitación como as obras da escultura, 
que poden substituír ao orixinal en canto ao efecto artístico; nin se prolifica en infinitos fillos como os libros impresos. Só a pintura mantense na súa nobreza, honra ao seu autor, é preciosa e única, e non pare fillos iguais a si mesma. E esta singularidade faia máis excelente que as outras ciencias que por todas partes se divulgan. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario