10 de maio de 2015

JOÁN SOÁIREZ

JOÁN SOÁIREZ SOMESSO [B 104]

Hogan', en Muimenta,
disse Don Martín Gil:
«Viv'en mui gran tormenta
Dona Orrac'Abril,
per como a quer casar seu pai;
e, a quen lho .menta,
cedo moira no Sil
e ar ela, se se con Chora vai».

E disse en Muimenta
en como vos direi:
«Ela viv'en tormenta,
segundo o eu sei,
per como a quer casar seu pai;
e, a quen lho .menta,
cedo o mate el-Rei
e ar ela, se se con Chora vai».

El disse en Muimenta,
assí me venha ben:
«Viv'en tan gran tormenta
que quer perder o sén,
per como a quer casar seu pai;
e, a quen lho .menta,
cedo moira por én
e ar ela, se se con Chora vai».

Ningún comentario:

Publicar un comentario