29 de maio de 2015

Fragmento de Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz.

Texto de Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947.

Todo empezou hai uns días, xusto na data en que eu cumpría corenta e dous anos. Levaba varios meses instalado nunha depresión que ameazaba con arrebatarme as ganas de vivir. Pero non perdera a esperanza e dentro de min gardaba a ilusión de que, en calquera momento, un golpe de sorte fixese cambiar a miña vida. Por iso, cando ese día lin aquel anuncio no xornal, pensei que estaba diante da gran oportunidade que viña buscando desde había tanto tempo. Podía ter ó alcance da man a solución de todos os meus problemas. Porque alí o dicía ben claro: Duplicamos todas, con ou sen mostra. Era, sen dúbida, o sinal que estaba a agardar.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.