9 de maio de 2015

Centenario de A metamorfose (X)

Ao chegar á porta, comprendeu que o que lle atraera fora o cheiro de algo comestible. Atopou unha cazoleta chea de leite con azucre, na que flotaban trociños de pan. Estivo a piques de rir de gozo, pois tiña aínda máis fame que pola mañá.
Afundiu a cabeza no leite case até os ollos; pero enseguida retirouna contrariado, pois non só a ferida do seu costado esquerdo facíalle dificultosa a operación (para comer tiña que mover todo o corpo), senón que, ademais, o leite, que até entón fora a súa bebida predilecta -por iso, sen dúbida, puxéraa alí a súa irmá-, non lle gustara nada. Apartouse case con noxo da cazoleta e arrastrouse de novo cara ao centro da habitación. Pola rendixa da porta viu que a luz estaba acendida no comedor. Pero, en contra do habitual, non se ouvía ao pai ler en voz alta á nai e a irmá o diario da tarde. Non se ouvía o menor ruído. Quizá este costume, da que sempre lle falaba a irmá nas súas cartas, desaparecese. Todo estaba silencioso, a pesar de que, con toda seguridade, a casa non estaba baleira.
«Que vida tan tranquila leva a miña familia!», pensou Gregorio. Mentres a súa mirada perdíase nas
sombras, sentiu orgullo de poder proporcionar aos seus pais e á súa irmá tan sosegada existencia, nun fogar tan acolledor. De súpeto pensou con terror que aquela tranquilidade, aquel benestar e aquela alegría ían terminar... Para non abandonarse nestes pensamentos, preferiu porse en movemento e comezou a arrastrarse pola habitación.

Durante a noite entreabríronse unha vez unha das follas da porta, e outra vez a outra: alguén quería entrar. Gregorio, en vista diso, colocouse contra a porta que daba ao comedor, disposto a atraer cara ao interior ao indeciso visitante, ou polo menos a pescudar quen era. Pero a porta non volveu abrirse, e esperou en balde. Esa mañá, cando a porta estaba pechada, todos tentaran entrar, e agora que el abrira unha porta e que a outra fora tamén aberta, sen dúbida, durante o día, xa non viña ninguén, e as chaves foran postas na parte exterior das fechaduras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.