19 de maio de 2015

PLAYLIST

PLAYLIST

Da musicalidade do himno galego non me queda xa dubida algunha, tras escoitar durante toda esta semana ás nenas tararearlo acotío... que din vos rumoroooooosos...fogar de Breogán, de Bre-o-gán... coma se dunha canción disneychanel ou 40 principais tratásese.

Creo que é bo que a incorporen á súa lista de éxitos así, con naturalidade, desde o cole; que lles guste desde as notas antes que desde o significado e o símbolo. Galicia é un sitio, un xardín secreto, do que aínda non son do todo conscientes. De momento o seu patio de xogo, o seu campo de fútbol no que non se pitan himnos, só se cantan, é o mundo enteiro.

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario