12 de maio de 2015

ANOMALÍAS

Acábome de tomar un iogur que por algunha estraña anomalía de fabricación carecía da lengüeta para abrir a tapa que tiñan os 500 iogures LARSA natural azucarado que me tomei os últimos dous anos. O seguinte volve ter a lengüetilla, que xa me fixei...
Por que me gustan tanto estas anomalías? Hai quen sostén que son as anomalías as que permiten dar saltos evolutivos ás cousas e ás especies, non sei, pero gocei como un tolo deixándome as uñas contra o bordo do iogur, coma se viaxase atrás no tempo.

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario