24 de maio de 2015

JOÁN SOÁREZ

JOÁN SOÁREZ COELHO [V 1016]

María do Grave, grav'é de saber
por que vos chaman María do Grave,
ca vós non sodes grave de foder,
e pero sodes de foder mui grave;
e quer', en gran conhocença, dizer:
sen leterad'ou trobador seer,
non pod'homen departir este "grave".

Mais eu sei ben trobar e ben leer
e quer'assí departir este "grave":
vós non sodes grav'en pedir haver,
por vosso con', e vós sodes grave,
a quen vos fode muito, de foder;
e por aquesto se dev'entender
por que vos chaman María do Grave.

E pois vos assí departí este "grave",
tenho-m'end'ora por máis trobador;
e ben vos juro, par Nostro Senhor,
que nunca eu achei molher tan grave
com'é María (e ja o provei)
do Grave; nunca pois molher achei
que a mí fosse de foder tan grave.

Ningún comentario:

Publicar un comentario