Fragmento de Os xenerais de África, de Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo en 1948, escritor galego.
Ás sete da mañá daquel luns de verán, Manuel Lence abandonou o leito. Probablemente, durante toda a noite, o seu sono navegou no desacougo, reflexionando nos acontecementos que comezaran a se desenvolver o sábado anterior a centos de quilómetros. Ás avesas, se cadra foi aqueia unha noite entregada ao afecto e, por derradeira vez na súa vida (aínda que nesta altura descoñecese o dato) executou o acto do amor, afervoado ou calmo, pois o conflito bélico foi aguillón notábel, no percurso dos séculos, quer para o aloumiño agarimoso, quer para a reprodución rutineira da especie. Existe, por derradeiro, a posibilidade de que naquela noite practicara a vixilia lonxe do seu fogar, esgotando cada un dos miúdos detalles que haberían de deitar a desfeita ou suceso da folga xeral que se convocaría para o luns ás oito da mañá. No devalar da Historia, de Espartaco a Roi Xordo, constituíron os necesitados a peza xusticeira contra a ignominia e a irracionalidade.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.