Fragmento de Os xenerais de África, de Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo en 1948, escritor galego.
Situado no emprazamento teórico do que en tempos antigos se tiña designado baixo o nome de zagueiro central, contemplou o achegamento do balón que viña rexeitado polo pao traveseiro da meta propria, logo de superar o esforzo do gardarredes, que se esticou en van, aínda que, sorte, alí estaba a madeira que evitou o tanto. Con actitude e xesto que virtudes innatas e técnica aprendida mudaran en perfección pulcrísima, introduciu o peito cara a dentro e alí pousou obediente e maino o esférico que chegaba.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.