17 de xullo de 2014

Fragmento de Os dados de Deus, de Arturo Lezcano.

Arturo Lezcano Fernández naceu en Ourense en 1939, xornalista e escritor galego.

A ESTADEA

—Está tolo.

—Pero, ¿que foi o que viu?

—¿Que vai ser? Viu a Estadea.

—¿A que? —berrou o rapaz.

A muller máis nova, a vella e o rillote estaban no comedor, vendo a televisión. O aparato ocupaba un aparador e, a carón, un marco dourado, cheo de arabescos, cunha foto dun home con chapeu tirolés e abrigo, debaixo da Torre Eiffel. Había tamén un palilleiro coa forma dun barbudo cun pano da boca ao pescozo e un coitelo na man; un cadriño coa Sagrada Familia en cores que dicía "Recuerdo de Barcelona" e un froiteiro cunha morea de mazás e laranxas de plástico. Sobre a parede, unha labrega morena, do estilo das mulleres de Romero de Torres, cos ombros nus, facía, valéndose dun fouciño, a seitura do trigo amarelo que medraba por riba da Unión Española de Explosivos.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.