25 de xullo de 2014

Inicio de HOUBO PERFIDIA?

HOUBO PERFIDIA? 
David R. Bunch 

 Detecteina na miña primeira liña de alarmas cando aínda estaba moi lonxe, apenas unha mancha no último outeiro de plástico desde onde vixiaba aos meus Inimigos. Non lle perdín pisada en todo o camiño, o longo camiño cara á miña fortaleza, mentras ela, rapaciña errante, chegaba arrolando algo nos seus brazos infantís. Por un instante a miña memoria retrocedeu e pensei: «É só irmanciña traendo ao Anxo á miña porta.» Pero os meus pensamentos saltaron ao AGORA cando ela golpeou a porta, e manipulei o botón de armamentos ata que todos os disparadores encañonaron o meu Muro Exterior. 
- O contrasinal! Axiña! - gritei, e sinceramente esperei que dese a correcta. Do contrario tería que activar os meus disparadores. E talvez non fose un dos proxectís rastrerios que, segundo ouvira, a Bruxa creara nos grandes laboratorios do seu val de plástico. Talvez non era unha boneca-bomba ambulante camuflada, deseñada para voarme ao ceo e a todos os ventos. Talvez era realmente Irmanciña, que de verdade esquecera o contrasinal secreto. 
- Delicia e solaz da gloria matinal! - canturreou, aguda como unha tachuela, e notei que os seus grandes ollos eran verdadeiros e pensei que chispeaban amor. Era unha nrapaciña!
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.