13 de xullo de 2014

Fragmento de O Capitán Lobo Negro, de Xesús Manuel Valcárcel,

O restaurante no que ceamos, que eu me empeñei en escoller, resultou ser un lugar deserto, frío e desagradable, máis alá do aceptable. Na grande sala rectangular, fóra de nós, non había absolutamente ninguén. O servicio, de ridícula etiqueta, mirábanos con hostil curiosidade e excedía connosco, por raros, a súa habitual frialdade. Compracéronse en non permitirnos, coa desculpa de ser artificialmente obsequiosos, a máis pequena intimidade. Co pastel de postre traían un bonequiño de adorno e ela pousouno primeiro na mesa e, despois, sen dicir nada, gardouno no bolso.
A min isto encantoume.
Despois fomos a un par de sitios de escaso ambiente nocturno, porque a choiva e o vento e a néboa fixéranse por completo coa cidade, ata desdebuxar os perfís e atoldar o entendemento co viño.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.