CARLOS
Eu traballo, el crea.
ADOLFO
O triunfo custa sangue.
CARLOS
Daríao todo por conseguilo.
ADOLFO
Aí tes un folio. Baléirate nel.
CARLOS
Dóeme a cabeza. Mañá.
ADOLFO
Agora. ¿Tes medo? Escribe: Teño medo, teño medo, teño medo.
CARLOS
Cala.
ADOLFO
Precisas dunha copa.
CARLOS
Preciso escribir. Unha frase, unha idea para comezar.
ADOLFO
Velaí a tes: "Un escritor entra unha noite no despacho doutro escritor que admira. Oculto pola escuridade, procura algunha cousa na mesa de traballo..."
CARLOS
É unha boa idea, si. ¿Ao tal escritor como lle chamo?
ADOLFO
Antonio.
CARLOS
Non, Lino. Lino admira o outro escritor, Frederico. Lino é un mediocre; Frederico, un xenio. Ben, unha noite, pensando que Frederico está a durmir, Lino entra no seu despacho. ¿En procura de que?
ADOLFO
Dunha idea para plaxiar.
CARLOS
Nón. Lino é incapaz diso. Trátase dunha incursión supersticiosa. Naquela mesa traballa o outro, o triunfador. Alí está a vella máquina que produciu obras soberbias, a estilográfica de ouro que aínda conserva o seu pulso creador; os cartafoles, cheos de tesouros inéditos...
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.