1
Soñei un soño esta noite,
un soño que me namora:
a Virxe era nos ceos
unha campesiña moza.
Ó lonxe eu soñaba prados
de estrelas limpas e longas,
i a Virxe iba apañándoas
mentras segaba amorosa.
A Virxe sega nos campos
a herba de fina choiva,
fío a fío alma a alma,
cunha fouciña de rosas.
A Virxe, pura e divina,
nas celestiales congostras,
segaba orballo de almas
cun xeito de labradora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.