28 de xullo de 2013

Inicio de A LIGA DOS RUBIOS, de Conan Doyle

Fora eu a visitar ao meu amigo o señor Sherlock Holmes certo día de outono do ano pasado, e atopeimo moi encerellado en conversación cun cabaleiro ancián moi voluminoso, de face rubicunda e cabeleira dunha subida cor vermella.
Ía eu retirarme, desculpándome polo meu entremetimento, pero Holmes fíxome entrar bruscamente, e pechou a porta ás miñas costas.
-O meu querido Watson, non podía vostede vir en mellor momento -díxome con expresión cordial.
-Crin que estaba vostede ocupado.
-Estouno, e moitísimo.
-Entón podo esperar na habitación do lado.
-De ningunha maneira. Señor Wilson, este cabaleiro foi compañeiro e colaborador meu en moitos dos casos que maior éxito tiveron, e non me cabe a menor dúbida de que tamén no de vostede serame da maior utilidade.
O voluminoso cabaleiro fixo mención de porse en pé e saudoume cunha inclinación de cabeza, que acompañou dunha rápida mirada interrogadora dos seus olliños, medio afundidos en círculos de graxa.
-Tome asento no canapé -dixo Holmes, deixándose caer outra vez na súa cadeira de brazos, e xuntando as xemas dos dedos, como era a súa costume cando se achaba de humor reflexivo-. Dabondo sei, querido Watson, que vostede participa da miña afección a todo o que é raro e sáese dos convencionalismos e da monótona rutina da vida cotiá. Vostede demostrou o deleite que iso lle produce, como o entusiasmo que lle impulsou a escribir a crónica de tantas das miñas aventuras, procurando embelecelas até certo punto, se vostede permíte a expresión.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario