Na entrada de ontes aparecía esta expresión.
É o lema do Nautilus, o aparello submariño ideado por Jules Verne e dirixido polo capitán Nemo na novela de aventuras 20.000 Leguas de Viaxe Baixo os Mares.
Podería ser traducido como: Movemento dentro dun elemento móbil, e prtende facer referencia á navegación dun submarino asucando entre as augas; un elemento que pode moverse dentro do medio que nunca para, que nunca descansa, que está en movemento constante. Dentro do mar.
Na edición francesa de 1871 da novela aparece a lema como "MOBILIS IN MOBILE" o cal é incorrecto.
Na edición de 1880 a inscrición aparece corrixida ("MOBILIS IN MOBILI"), pero a errata inicial estendeuse tanto que é máis fácil atopar unha edición co erro que sen o mesmo.
Na vosa biblioteca, tedes a edición corrixida ou a errónea?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.