14 de xullo de 2013

1000 entradas no Blog

Ontes publicamos neste blog a entrada mil. Vai xa para tres anos que fixemos o cambio de blog e iniciamos esta andaina coa publicación diaria dun breve texto literario ou cultural. Ao principio con certas axudas institucionais e segundo foi avanzando a crise sen que houbese aportacións económicas. Grazas aos nosos colaboradores aquí seguimos... e que sexa por moito tempo mais.

Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".

Alvaro Cunqueiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.