Empezamos hoxe con unha nova actividade; os Micro Retos (seguro que a algún ten problemas coa pronuncia) que serán convocados cada mes. Son mini concursos de relatos, que nesta ocasión está rexido polas seguintes
BASES:
MICRO RETO MARZO 2013
1- Poderán participar todos os autores, sexa cal for a súa nacionalidade, con microrrelatos en Galego ou Castelán. Non hai límite no número de relatos a presentar por participante.
2- No relato aparecerá, aínda que fora de xeito tanxencial, algún dos seguintes temas, do que hoxe 1 de marzo celébrase aniversario. O autor é libre de empregar estes temas do xeito que considere oportuno e dende a óptica de calquera xénero literario:
a) A morte de Rosendo de Celanova, santo, abade, bispo e conde galego, acontecida no 977.
b) O nacemento de Alfonso Raimundez, fillo de Raimundo de Borgoña e de Dona Urraca, acontecido en 1105 en Caldas de Reis. Sendo neno foi proclamado Rei de Galicia por Xelmirez na Catedral de Santiago.
c) No 1493 a carabela Pinta, mandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada
por Sarmiento, arriba a Baiona. Será a primeira das naves en voltar e dende a vila pontevedresa espallarase a nova do éxito da misión de atopar un novo camiño ás Indias.
3- Os microrrelatos terán unha extensión de ENTRE 1 e 500 PALABRAS, sen incluír o título. As obras virán redactadas en formato txt, odt, word, rtf ou pdf.
4- Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico a: asociacion@palaestra.net, en ficheiro adxunto. No corpo da mensaxe deben aparecer os datos para contactar co/a autor/a. Os relatos poden ser oresentados baixo seudónimo.
5- O prazo de admisión comeza o 1 de marzo de 2013 e finalizará ás 23:59 horas do 30 de abril de 2013.
6- Os relatos serán sometidos a unha votación dos lectores durante o mes de abril do xeito que se determine dende Palaestra.
7- O fallo será inapelable e publicitarase seguidamente a través desta web, así como polo correo desde o que se remitiu o relato.
8- As obras presentadas quedarán en poder da Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra, que se reserva o dereito da súa publicación, exposición e difusión, a través do seu sitio web ou doutros colaboradores, citando sempre as referencias do autor.
9- O relatos gañador será publicado en galego na Colección Libros de Peto de Asencudega. O gañador recibirá un pequeno agasallo da entidade e varios exemplares do libro onde se inclúa o seu relato. A publicación realizarase ao rematar os concursos de 2013.
10- A presentación a este concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos serán resoltos pola organización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.