Obra de teatro publicada en 1915 polo madrileño Gregorio Martinez Sierra.
Este escritor e empresario teatral, nacido en 1881 e falecido en 1947, estaba casado coa escritora María de la O Lejárraga, a verdadeira autora na sombra de case todas as súas obras, en xeral de índole costumbrista.
En Amencer, comedia en tres actos, se xoga cos temas do amor, a familia, a veleidade e o oportunismo.
Carmen, a protagonista, é unha moza acomodada con moitas ansias de vivir. Mais de súpeto a familia empobrece e ela vese coa obriga de casar cun home rico para volver ás fastosas costumes.
Faino máis que nada pola súa nai e a súa irmá, que son as que realmente non agoantan a escaseza.
Isto conlevará renunciar ás súas expectativas de felicidade, xa que ela está por outro, un antigo servidor dela. Mais Mariano, que así se chama, xamais lle revelou o seu amor, estando el tamén perdidamente namorado dela. E un día marcha a Africa sen máis, en fin, por traballo. Carmen pensará que non a quere, e nese estado de tristeza e necesidade, decidirase ó casamento con aquel home.
Pasan os anos, e o home rico tamén empobrece. Isto non lle pesa a Carmen, e precisamente cando Mariano volve e lle declara por fin o seu amor, para ela xa é demasiado tarde, e prefirirá seguir na pobreza co marido.
F.D.M.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.