27 de marzo de 2013

Os nibelungos

   Obra teatral tráxica escrita polo alemán Friedrich Hebbel no ano 1862, basada no Cantar dos Nibelungos, epopea nacional alemana que data do século XIII.

   Época de puxantes reinos, audaces cabaleiros e fermosas damas polas que loitar.

   A historia comeza en Worms de Rin, onde o reino dos Burgundios reciben a visita de Sigfrido, un vigoroso cabaleiro cansado de sair sempre victorioso dos seus combates.

   Ven de roubarlles un tesouro a unha raza chamada Nibelungos, tesouro que lles ofrece os Burgundios a cambio de casarse coa irmá do rei, Krimhield. O rei pídelle algo máis, que lle traia a raíña de Islandia para casares con ela. O seu nome é Brunhilda, unha indomable guerreira que so casaría con aquel que a derrotase. O destiño decía que o único capaz delo era Sigfrido mesmo. Este faino, pero disfrazado do rei Gunther. Mais na noite de bodas este non da a talla e Brunhilda comeza a sospeitar. Por riba non se leva ben coa sua cuñada Kriemhild, e esta nun arrebato desvélalle quen foi en realidade quen a derrotou. E Brunhilda queda desconsolada e furiosa.

   Aquí chega Hagen Tronie, un cabaleiro de confianza de Gunther. Segundo el, a maneira de solucionar todo e acabando coa vida de Sigfrido. A cousa non é facil, Sigfrido bañárase no sangue dun dragón que o fixera invencible, pero corría o rumor de que tiña un punto debil alí onde unha inoportuna folla de tilo se pousara no seu corpo durante o baño.  Mais Krimmield confíalle o segredo dese lugar, cousa que lamentará durante o resto da historia.

   Morto o seu marido, coa complicidade dos seus irmáns, incluido o Rei, so lle queda a venganza. Para iso casa co segundo home mais forte do mundo,  Atila. Este necesitaba un fillo que non lle daba chegado. Ela dallo, pero a cambio pediralle a cabeza de Hagen Tronie, e mais dos ses cómplices. Finalmente as obtén, pero a dela tamén caerá.


   Friedrich Hebbel tamén é coñecido por outras obras como Xulia, Agnes Bernauer e Gyges e o seu anel,.

   Richard Wagner tamén fixo unha versión do Cantar dos Nibelungos en forma de opera á que chamou O anel do Nibelungo, publicada en 1876, que non ten moito que ver con esta.


F.D.M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.