29 de marzo de 2013

Inicio de Merifilia, de Brian McNaughton

De todos os gules que había no cemiterio, Merifilia era a menos típica da súa especie. Ningún home puidera chegar ao extremo de atopala fermosa, pero a súa delgadez era menos extrema, a súa palidez menos horrenda e o seu camiñar menos grotesco que o dos seus conxéneres. A tenrura do seu corazón tampouco era nada típica na súa especie, e cando a súa natureza obrigábaa a devorar os restos dun bebé morto sempre derramaba algunha bágoa por el. Tamén se mostraba amable e considerada cos demais gules, e os seus modais á hora de xantar eran moito máis refinados que os destes. E dado que aos gules encántalles rir, convertía nunha auténtica rareza a súa inextinguible nostalxia polo mundo do sol e calor humana que perdera.
   
A sabedoría tradicional afirma que os gules fan caer sobre as súas cabezas a maldición de tan horrible estado porque pasaron a súa adolescencia deixándose fascinar polas paixóns e os intereses morbosos. Gluttriel, Deus da Morte, fíxase nos adolescentes e, a cambio das súas vidas, ofrécelles os recordos e a sabedoría dos cadáveres que devorarán.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.