2 de marzo de 2013

Inicio de A CAVEIRA, de Philip K. Dick

O 2 de marzo de 1982 falecía o escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. Hai xa pois 31 anos que nos deixou o autor do seguinte texto:

- De que oportunidade fálame? - preguntou Conger -. Siga. Interésame.
A habitación estaba en silencio; todas as miradas converxían en Conger, aínda vestido co uniforme carcelario. O Portavoz inclinouse cara a adiante aos poucos.
- Antes de que foses a prisión, os teus negocios funcionaban moi ben... Todos ilegais, todos lucrativos. Agora non tes nada, excepto a perspectiva de pasar outros seis anos encerrado nunha cela.
Conger engurrou o entrecello.
- Atopámonos ante unha situación moi importante para este Consello, que require as túas peculiares habilidades. Por outra banda, trátase dunha situación que quizá che interese tamén a ti. Eras cazador, non? Coñeces ben a técnica de seguir rastros, de emboscarte nas matogueiras e de axexar pola noite, verdade? Imaxino que a caza ha de proporcionarche moitas satisfaccións...
Conger suspirou. Mordeuse os beizos.
- Dacordo - dixo -. Sólteo. Vaia ao gran. A quen quere que mate?
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.