31 de xaneiro de 2012

Miña nai - Canción

Miña nai por me casare
ofreceume canto tiña,
e agora que me casei,
pagóume cunha galiña.

Miña nai por me casare,
ofrecéume unha becerra,
e agora que me casei,
díxome que lle morrera.

Miña nai por me casare
ofrecéume tres ovellas,
unha manca, outra torta,
outra cega e sin orellas.

Miña nai por me casare
ofrecéume un año todo
e agora que me casei,
dixo que o comera o lobo.

Miña nai por me casare
proteume bois e vacas
e agora que me casei
deume unha cunca de papas

Miña nai por me casare
meu pai por me dá-lo dote,
armaron unha regueifa,
rompéronlle os pes o pote.

Teño penas é alegría,
teño dous males a un tempo,
cando a pena me mata,
a alegría dame alento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.