Despois dun instantes calados e expectantes, o público botouse a rir, e é que se deran conta que por moi calados que ficaran non ían escoitar nada, así que seguiron esperando pero falando entre eles.
Pero a Alfonso ese pequeno e simpático detalle que eles esqueceran por un instante, non se lle olvidara a el nin por un segundo mentres se as inxeniaba para pasar por alto precisamente ese pormenor, demasiado grande para chamarse así.
Non fora na casa encerrado eses últimos días onde lle xurdiu a idea, pero ahí practicou o que nese momento e durante toda a súa longa vida lle tocaría amosar.¡ E que sorpresa cando vai abrir o misterioso maletin, con todo o que se supuxo e rifou que habria dentro, e non saca máis que un monton de papeis brancos! Os mesmos que levaba a espalda cando o viron voltar, ¡non máis que os cambiaria de sitio! Pero o importante non eran os papeis en si, senón a sua función.
A expectancia crecía ou decrecía por momentos, a xente non sabía verdairamente a que aterse e a ratos dubidaban da súa intelixencia ao prestarlle tanta atención a quen podía descubrirse por fin como un verdadeiro tolo.
Requerido polo público e polo seu íntimo desexo de que o estreo saíse ben, apurouse a buscar nesa maleta algo que non daba atopado, e que terminou por non aparecer ahí, senón na súa chaqueta, cando foi tirar un pano para secar as repentinas suores que lle viñeran.
E vela ahí que exultante polo descubrimento, alza o ceo un pincel, que como unha variña máxica, silencia o público e lle fai dirixir a mirada especificamente ó húmedo e vívido extremo deste, que sobre eses folios comezou a verter cor, vida e fantasía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.