13 de xaneiro de 2012

O Catecismo do Labrego II

AS BENAVENTURANZAS SON OITO

1.- Benaventurados os probes, porque serán tratados como bestas d'arrieiro.
2.- Benaventurados os mansos, porque todo mundo mallará neles.
3.- Benaventurados os que choran, porque mamarán.
4.- Benaventurados os que teñen fame e sede da xusticia, porque os fartarán de presidio.
5.- Benaventurados os misericordiosos, porque os amolarán canto poidan.
6.- Benaventurados os limpos de corazón, porque tamén estarán limpos de faltriqueira.
7.- Benaventurados os pacíficos, porque todos lles farán a guerra.
8.- Benaventurados os que padecen persecución pola xusticia, porque ademais de ir a cadea, pagarán as costas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.