24 de agosto de 2011

Concurso adiviña o libro IV - 1ªparte


Esta é a metade do poema do cal hai que adiviñar o título e o autor.

Cerca da puntiaguda beira do barranco, en alto
Contra o firmamento, resaltado
Acaso ves un crucifixo asolado
Manchado polo clima, con mofo acrecentado
Lúgubre, desolado, abandonado
Por un sinfín de tempestades golpeado?

Nin unha coitela de pasto crece alí,
Nin un campesiño ronda alí.
Aínda a sombría ave da noite
A evita o elevarse,
Temendo o fúnebre gruñido
Que provén do enterro.

O redor, en noites sin estrelas,
Infinitos hóspedes de luces vívidas
Escintilando preocupadas, revelando
No seu pé un pantasma, axeonllado
Mentras barbotea en terroríficos lamentos,
Maldicindo a Deus e todos os Santos.

Viaxeiro nocturno, coidado
Do espectro que alí balbuce
Pecha os teus ollos, e apura o teu corcel
A súa máxima velocidade
Pois baixo esa cruz, eu imaxino
Xace o obsceno corpo dun vampiro!

Anque a noite é negra e fría
Unha historia de amor, sempre contada,
Flota en murmurios polo aire.
Vigoroso mozo e dama maxestuosa
Selan doces votos de ardente paixón
Cos seus beizos, a modo de amantes.

Inqueda, pálida, unha silueta enxergo
Suspendida cerca; qué poderá ser?
É un poldro, branco coma a neve
Trotando lento adiante e atrás
Coma un vixía. Mentras se xira
Orgulloso pisa o prado.

Pista : O autor naceu en Rumanía no ano 1821. Foi activo politicamente e foi coñecido como Victor Hugo do este de Europa.
O mércores que ven a segunda metade do poema e máis pistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.