O MSG constataba en diferentes análises a diminución constante no uso do galego segundo a idade. Os resultados que se presentaban naquel traballo baixo os títulos de “lingua habitual dos entrevistados segundo a idade”, “lingua habitual en tres xeracións en Galicia” e “uso do galego dos ascendentes dos entrevistados segundo a idade (só galego / máis galego)” indicaban unha tendencia negativa no uso do galego conforme decrecía a idade do entrevistado. Grosso modo poderiamos dicir que dende os avós dos entrevistados de máis de 65 anos aos entrevistados de 16 a 25 houbo un descenso constante e proporcionado no uso do galego.
O contorno profesional do empresariado tende a frear o emprego do galego neste colectivo.
Excepto ao dirixírense aos subordinados, empregan menos o galego no traballo do que o fan habitualmente.
O maior uso do galego cos clientes dáse entre os directivos da administración, e o menor, entre os traballadores da hostalaría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.