3 de agosto de 2011

Concurso adiviña o libro III



Tras estes retazos tratase de adiviñar de que libro están sacados:



Si, quixen quedarme , pero como observador. Non sinto grandes desexos de mesturarme con esa xente.

Habría que impor un réximen de forza neste país para impedir que se destrúa a si mesmo.

O teu actual mentor parece deses individuos que cren que todo pode arranxarse se todos traballamos sen parar.

A veneración que se lle rinde a Mark Twain é unha das raíces do noso estancamento intelectual.

Téñenme medo. Sospeito que se decatan que me vexo obrigado a actuar nun século que aborrezco.

Pode que o teu fillo estudiara demasiado. Nas universidades hai moitisimos comunistas.

O introducirme activamente no sistema que critico sería en si mesmo unha interesante ironía.

Cando Fortuna fai xirar a sua roda cara abaixo, vai o cine e disfruta máis da vida.

Négome a mirar hacia arriba. O optimismo dame nauseas. É perverso. A posición propia do home no universo dende a Caída, foi a miseria e a dor.

"Home limpo, moi traballador, de fiar, calado" ¡Santo Deus ! ¿Pero que clase de monstruo queren? Creo que xamais podería traballar nunha institución con semellante visión do mundo.

Son un anacronismo. A xente dase conta e lles fastidia.

Esta incapacidade de establecer contacto coa realidade é, sin embargo, característica de todo o arte norteamericano.

Eu, na miña inocencia, sospeitei que a raíz da apatía que observara entre os obreiros era aquel jazz indecoroso que emitían os altavoces estridentes das paredes. A psique bombardeada por eses ritmos non pode aguantar moito tempo e se descompón e atrofia.

Só me relaciono cos meus iguais, e como non teño iguais, non me relaciono con ninguén.

Eu persoalmente protestaría con todas as miñas forzas se sospeitase que alguén intentaba auparme á clase media.

Eu estaba ileso, e dado que o orgullo é un pecado mortal que creo que en xeral eludo, nada resultou dañado.

Ela estaba, en fin, terriblemente comprometida coa súa sociedade; eu, pola miña parte, máis vello e máis sabio, estaba totalmente descomprometido.

Carezco, ó parecer, dalgunha perversión especial que buscan os patronos de hoxe.

-Cálese dunha vez por favor.
-¿O ve vostede? Xa destruíu o meu espírito de iniciativa.

Só os dexenerados fan turismo.

Non creo, en realidade, que un teña que rascar o fondo, como si dixésemos, para poder enfocar subxectivamente a súa sociedade. En vez de moverse verticalmente hacia abaixo, un debe moverse hotizontalmente hacia fóra, hacia un punto suficientemente distanciado donde non quede inevitablemete desterrado un mínimo de comodidade material.

Persoalmente descubrín que a falta de comida e de comodidades, en vez de ennobrecer o espírito, crea só ansiedade dentro da psique humana, e canaliza os mellores impulsos do individuo unicamente hacia o fin de lograr algo que comer.

Todos os seus xuicios de valor son erróneos. Cando chegue á cima ou a onde pretenda vostede chegar, terá unha crisis nerviosa, ou algo peor.

É un axioma da natureza humana que a xente aprenda a odiar aos que a axudan.

A maioría dos necios non entenden a miña visión do mundo en absoluto.

Os manicomios deste país están cheos de almas candidas que sinxelamente non poden soportar a larolina, o celofán, o plástico, a televisión e as circunscripcións. Por iso os meten alí. Atemorizan aos outros membros da sociedade.

Era un bo rapaz ata que se lle morreu aquel can grande que tiña.

Prefería o cárcere. Alí só che limitaban fisicamente. Nunha clínica mental xogaban coa túa alma e coa túa visión do mundo e coa túa mente.

2 comentarios:

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.