31 de agosto de 2011
Concurso adiviña o libro IV - 2ªparte
Velaquí a segunda e derradeira parte do poema cuxo nome e autor hai que adiviñar.
Non me deixes, amada, esta noite!
Quédate comigo ata a luz do abrente!
Chorando, así a dama rogou;
"Amor, a miña alma atópase triste e temerosa!
Non te afrontes o terrorífico poder do vampiro,
Fortísimo nesta hora mística!"
Nin unha palabra pronunciou, pero apretou
A súa amada que choraba contra o seu peito
Bicou os seus beizos e as suas meixelas e os seus ollos
Sen coidar nas súas bágoas e saloucos;
Axitou a súa man, e con xesto alegre
Montou, sonreíu e cabalgou lonxe
Quen monta pola oscura chaira
Galopando a máis non poder
Coma algún salvaxe espírito de tormenta, no seu voo
Aleitado polo oscuro seo da noite?
É el, quen a abandonou na súa penuria,
O seu amante, no seu blanco cabalo de leite!
A ráfaga con toda a súa salvaxe forza
Esfórzase por derribar o aposto corcel
Que rincha desafiante contra o seu inimigo
E pelexa sense deter. Mira! abaixo
O paso elevado, xunto o río
Mil luces tintinean relucentes!
Agora se acercan, agora se afastan,
Aínda perseguidas polo arquexante poldro.
Aproxímase ó cruceiro en ruínas! Un estrondo,
Un choro lastimeiro, unha forte salpicadura,
E no leito rochoso do río
Xínete e cabalo xacen pulverizados sen vida
Entón dende esas funestas profundidades se ergue
Blasfemando berros e alaridos estridentes
Resoando a través do turbio aire
Coma unha serpe dende a súa gorida
Brandendo en alto unha espada manchada en sangue
O vampiro levántase da sua tumba!
Pistas sobre o autor:
-Viaxou polos pobos de Moldavia, recollendo e arranxando varias obras do folklore rumano, que publicó en dos partes, en 1852 y 1853.
-Escribiu en 1881 escribió "Trăiască Regele" ("Viva el Rey"), que pasou a ser o himno nacional do Reino de Rumania, ata a abolición da monarquía en 1947.
Pistas sobre o titulo do poema: Encóntrase no poema mesmo .
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.