31 de xaneiro de 2024

Imbolc

O Imbolc era un festival celta, que se celebrara do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro. En varios sitios derivou á Candeloria e ao San Brais. Candelmans é o 2 de febreiro e nesa data acendense velas coa finalidade de aportar luz e calor ao sol para que recobrase a súa forza e a proxectase sobre a terra. Unha festa da luz, reflectindo os días cada vez máis longos e a esperanza da primavera. Na antiga Roma celebrábanse as "Lupercais", cunha procesión con candeas acendidas de noite. O nome da Candeloria está orixinado pola procesión con candeas.
 
A festa do Imbolc é un culto de tipo agrario no que valorábase a función produtiva, coincidindo tamén coa chegada do período de lactación das ovellas, aprestas a dar a luz na primavera. De feito na lingua irlandesa é o "no embigo" (i mbolg), referíndose á xestación das ovellas. Así a festividade está relacionada co leite, polo que é tradición comer queixo e produtos lácteos, e beber leite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.