Nesta data en moitas vilas celébrase o xogo da ola, un xogo popular no que participan seis ou máis xogadores en roda, con outra persoa facendo de árbitro e outra de madriña, todos eles disfrazados e coa cara enfeluxada. Os xogadores vanse tirando olas de barro polo aire procurando que non escachen. Se rompe, a persoa culpable paga unha multa e bebe viño, até que rompen todas as olas.
A madriña encárgase de pór as olas en xogo, cobrar as multas, dar viño e pedir cartos entre o público. O árbitro, situado sobre unha escada adornada con flores de mimosas, leva un chifre. Ten o mando, e adoita impor multas ao chou e parar o xogo para beber viño.
Un xogo que está documentado en distintas zonas de Galicia e tamén en Francia, chamado cassepot "cacharro roto".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.