Emilio González López.
10 de xaneiro de 2024
Historia da Coruña
... a historia, condicionada, e á vez impulsada, pola situación estratéxica que ten A Coruña, nas comunicacións marítimas nacionais e internacionais, que lle permitiron servir, a través de todos os tempos, non só de asento de pobos emigrantes do Norte de Europa, sobre todo os celtas, cuxo fondo cultural está, como unha herdanza, no seu carácter; e os suevos, que a ela chegaron nas emigracións dos pobos xermánicos, producidas ao desintegrarse o Imperio Romano, serviu tamén de refuxio para os perseguidos raciais e relixiosos doutros países e doutras rexións de España. E, por esta mesma situación estratéxica, no medio das comunicacións marítimas, partiron dela, para o norte de Europa, unha serie de emigracións, algunhas, nos afastados tempos da Pregistoria, como a do pobo construtor de mámoas (...) e máis tarde, xa nos albores da Historia, pero aínda nubrados cando ía de vencida a Prehistoria, a gran emigración dos fillos de Breogán...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.