18 de xaneiro de 2024

Aforismos de Leonardo

Maneira de representar a noite 

579.- Unha cousa enteiramente privada de luz é toda tebras. Estando a noite en tales condicións, se queres figurar nela unha escena, disporás un gran lume que tinguirá da súa cor os obxectos, principalmente os que estean máis preto del; porque unha cousa participa tanto máis da natureza doutra canto máis próxima áchase destoutra. E se dás ao lume unha cor vermella, vermellas tamén deberás facer todas as cousas iluminadas por el; mentres que as máis afastadas del deberán en maior grao tinguirse da cor negra da noite. As figuras que estean situadas entre o lume e ti deberán aparecer escuras na escuridade da noite, e non claras como o lume; as que se atopen aos lados serán medio escuras e medio avermelladas; e, en fin, as que poidan verse máis aló dos confíns das chamas, aparecerán completamente iluminadas de luz avermellada en campo negro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.