25 de agosto de 2023

Cuarta fin de semana

As actividades nesta fin de semana estarán centralizadas pola promoción do xadrez na Romaría do Parque de Santa Margarida.

Aquí tes as actividades:

Venres 25: Os que o desen poden achegarse polo Centro Comercial Los Rosales dende 19,30 para botra unhas partidas.

Domingo 27: De 17,30 a 19,30 estaremos nos soportais da Casa das Ciencias e de 18,30 a 19,30 relizaremos un amigable de rápidas.

O premio para os primeiros será unha taza con motivo de xadrez... será a primeira actividade na que entreguemos este modelo.

Mais actividades:

Lembra que Palaestra e o Casino están a organizar a Copa AGAX do 4 ao 8 de setembro.

Nos próximos meses teremos moitísimas actividades como anos pasados así que pasa por aqui o polas nosas redes sociais para ir coñecendo as distintas actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.