Baldomero Lillo
Case ao final da avenida atopei o número indicado na folla impresa que levaba no peto. Pasei á beirarrúa de en fronte e examinei a fachada do edificio, na cal se ostentaba en grandes caracteres en letreiro que dicía:
"O Anzol de Prata-Gran tenda e Paquetería-Vendas por maior e menor".
Non cabía dúbida, era o que buscaba. Atravesei a rúa, crucei a ancha porta e avancei timidamente cara ao mostrador e preguntei ao dependente que, tomándome sen dúbida por un fregués, saía ao meu encontro co sorriso nos beizos.
-Podo falar co xefe da casa?
O empregado volveuse para mirar a través dunha vidreira que había ás súas costas e, deseguido, renovando a tarefa de despachar ao único cliente que había no almacén, díxome:
-O señor Pirayán está neste momento ocupado, pero non tardará en vir.
Apoieime no mostrador e esperei.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.