31 de agosto de 2023

Aforismos de Leonardo

564.- E ao saír da auga do mencionado piélago, as ondas expándense e estenden cara á saída; ao caer no aire, a auga adquire ímpeto que a fai penetrar, mesturada co aire, na auga, abríndoa até o fondo e reflectíndose sobre este; a espuma que se forma entón na superficie, contén fragmentos de madeiras e outros residuos máis lixeiros que a auga, ao redor dos cales inicia a formación de ondas cun circuíto que aumenta co seu movemento. A amplitude crecente do circuíto vai acompañada dunha diminución na altura das ondas, de modo que estas acaban por desaparecer á vista. Pero se as ondas tropezan contra algún obxecto, sofren un movemento retrógrado, describindo, en torno do obxecto, circuítos análogos aos recentemente mencionados. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.