Estamos xa a día doce, así que segundo as sortes o tempo de hoxe corresponderá ao mes de decembro. Curiosas estas ideas que se tiñan no pasado. Despois e ata o día 24 virían os días de confirmalas.
E sobre esta data noutros anos lembramos que en 1991 o Congreso dos Estados Unidos autoriza o uso de forza militar para expulsar a Iraq do Kuwait. E en 1998 morreu Ramón Sampedro, mariñeiro e escritor tetrapléxico español.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.